Tertúlia revisitada (Galician Edition)

Mais ofertas de Generico

★★★★★ (4.7 - 328 avaliações)

Sob Consulta

Comprar na Amazon

* Confira o valor atualizado antes de efetuar a compra

Mais informações sobre o produto

Tertúlia revisitada (Galician Edition)

Xavier Alcalá "revisita" unha novela silenciada durante 35 anos pola súa retranca crítica e incómoda.

Tertúlia revisitada é unha nova versión de Tertúlia, novela “maldita”, enviada ao concurso Blanco Amor en 1984 e rexeitada como gañadora por “razóns de índole extraliteraria e mesmo extralingüística, esvarando na discriminación política” [A Nosa Terra, 11/12/84].

Naquela primitiva versión o autor ficcionou o ambiente dunha tertulia literaria. Os seus membros estaban a escribir caladamente para o mesmo concurso e un deles plaxiaría unha novela brasileira na esperanza de que ningún xurado se decatase pois “no Impaís ninguén le en portugués”.

Malia o rexeitamento no concurso, Tertúlia foi axiña publicada por Sotelo Blanco; e contou con notables valedores:

“É unha obra complexa e de grande rigor, tanto na linguaxe como na estrutura, que retoma o xénero de aventuras e á vez realiza unha crítica moi aguda sobre o mundo literario actual en Galicia.” [Basilio Losada, catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Barcelona. La Voz de Galicia, 1/6/85]

“Unha característica esencial de Tertúlia é a de estar escrita con varias grafías, da portuguesa á galega académica pasando pola reintegracionista. Con iso o autor fai un intento de demostrar que para a creación literaria é fundamental a liberdade: non se pode enfaixar dentro dunha normativa gráfica determinada.” [Xosé Posada, empresario, presidente de Caixa Ourense. La Región, 6/7/85]

Corenta anos despois, no 2014 Xavier Alcalá “revisitou” a tertulia do Café Barlovento que describira cando mozo, engadindo ao texto unha normativa gráfica propia. Con Tertúlia revisitada tentaba -e tenta- amosar ideas sostidas ao longo da súa traxectoria como escritor: que toda obra deber permanecer en “edición aberta” (disposta para melloras) e que a Literatura está por cima dos idiomas (e aínda máis por riba de enfaixamentos gráficos).

Mais sobre este produto

Tertúlia revisitada (Galician Edition)

Tertúlia revisitada (Galician Edition)

Sob Consulta

Comprar na Amazon